ogalego.eu
Xavier Alcalá, amigo de ogalego.eu

Preposición

Verbo 2

QR

Foto: Xavier Alcalá, escritor galego

Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal

ADVERBIO


1.- Sinalar adverbios

2.- Substituír por adverbios en -MENTE

3.- Substituír por adverbios


1.- Sinalar os adverbios e locucións adverbiais e buscar sinónimos de cada un

  1. Sen dúbida caerá auga a mares e, ao mellor, nin poderemos ir ao traballo.

  2. De camiño que limpas os cadros, podes endereitalos, que torcen abondo.

  3. Esa lámpada manda ben pouca luz; ás veces, á tardiña xa parece que é noite pecha.

  4. Seica te divertiches moito onte, case era día e aínda non querías ir para a cama.

  5. Agora vive lonxe e nunca chega cedo á oficina, mais despois, co de présa que se move, recupera o perdido.

  6. Como as queres? –Quéroas moi crúas.

  7. Vai de vagar, que Melide está preto e, se corres demasiado, quizais non chegues nunca.

  8. Antonte contaba o avó como antano nos fiadeiros sempre había un pillabán que mataba a luz do candil para andar ás apalpadelas.

  9. Tamén mo dixo a min de contado. Era entre lusco e fusco e eu estaba alí na solaina sentado á sombra.

  10. Non teño gato e tampouco uso raticidas. Aquí nesta casa, os ratos píllanse ás carreiras, logo fáiselles un xuízo xusto e cúmprese a sentencia.

  11. Fuches antes alí? –Fun, abofé que me lembro ben!

  12. Saíndo á esquerda, á beira da parede é onde deixan decote o lixo.

  13. O profesor puxo ceros a eito, fíxoo de mantenta e a tergo porque a avaliación xa está aí.

  14. U-las cereixas? Están aí fóra, non as deixei dentro porque ía moita calor; xa que acabaches, adiante, vailles tirando o rabo que eu estou canso e teño que marchar axiña.

  15. Para onde vas? –Vou para ningures, sabichón!

Corrección do apartado 1


2.- Substituír as palabras en cursiva por adverbios acabados en –mente

  1. Desenvolvíao con rapidez.

  2. Pódeo aturar con comodidade.

  3. Ídevos colocando con orde e en silencio.

  4. Non escribas tan de présa que cometes moitos erros.

  5. Por fin, chegaches a conseguir algo.

  6. Móvete con coidado, que, segundo a lei, poden procesarte.

  7. Fixo a instalación eléctrica sen coidado e agora sofre as consecuencias.

  8. Relatou con fidelidade o sucedido, mais só na aparencia, se investigamos ben o sucedido.

  9. Andou amañando en segredo o casamento da sobriña co rico do lugar.

  10. Nesa casa nunca o trataron con desdén.

  11. Ficareiche agradecido para a eternidade.

  12. Os soldados irmandiños atacaron con valentía a fortaleza e conseguiron render con prontitude os inimigos.

  13. Este traballo hai que realizalo con moito rigor.

  14. En realidade, non creo que chegue a dominar o comercio da Ribeira Sacra.

  15. Tivo que abrir o forno de novo para limpalo ben.

  16. En resume, cómpre abrir aquí a conta corrente para obter un empréstito.

Corrección do apartado 2


3.-Substituír as palabras en cursiva por un adverbio
Por exemplo, mete iso no interior: mete iso dentro

  1. Neste momento xa estou preparado para o exame.

  2. É fácil que se cure de todo.

  3. Se o fas desta maneira, entenderalo mellor.

  4. Píntao da forma que queiras.

  5. Bebeu en abundancia e non pode conducir.

  6. En todo momento está listo para ir a onde o chamen.

  7. Déixao naquel lugar.

  8. Non sabes o que me gusta erguerme a primeira hora.

  9. Colócamo nesta cadeira.

  10. Non sei se irei, o Cebreiro está a bastante distancia.

  11. Vou en bicicleta, que Marín está a pouca distancia.

  12. Creo que o deixei sobre a mesa.

  13. Vai andando sen apurarte para faceres tempo.

  14. Naquel tempo, os xornais na vendima eran moi baixos.

  15. Naquela sala de Trasalba había grande cantidade de libros.

Corrección do apartado
2005-2017