pdf
Indice de Exercicios
Modesto Hermida
Artigo
Literatura e outas artes. Lit. Galega do S. XX. 2º Bch
qr
Foto: Modesto Hermida, escritor galego e amigo de ogalego.eu

Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel (catedráticos xubilados de galego) -ogalego.eu // ogalego.gal-

LINGUA GALEGA E LITERATURA: 2º BACHARELATO

ABAU, Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade 2017


 

Estrutura do exame de ABAU en Lingua Galega e Literatura no curso 2017

I. Competencia comunicativa: 5 puntos
a) Comprensión textual 2 puntos (2 preguntas de 1 punto)
b) Produción textual 3 puntos (1 pregunta)
II. Contidos específicos da materia: 5 puntos
c) Lingua e gramática 2 puntos (2 preguntas de 1 punto)
d) Lingua e sociedade 1 punto (1 pregunta)
e) Literatura 2 puntos (1 pregunta)


DESENVOLVEMENTO DA PROBA


a) Comprensión textual
b) Produción textual


c) LINGUA E GRAMÁTICA: 2 puntos. Formularanse dúas breves preguntas sobre contidos de:

1. Fonética e fonoloxía.
Documento de axuda.

Práctica

2. Morfoloxía e sintaxe.
-Documento de axuda para morfoloxía
Exercicios de axuda para morfoloxía
-Documento de axuda para sintaxe
Preguntas de sintaxe nos últimos exames das PAU

3. Semántica e lexicoloxía.
-Documento de axuda para semántica
Práctica 1.
Práctica 2

-Documento de axuda para formación de palabras

Práctica.

4. Dialectoloxía.
Documento de axuda.
Práctica

Vídeo con falas dialectais

d) LINGUA E SOCIEDADE. Pregunta 6 (1 punto). Escoller 1 de 2 propostas, que serán as mesmas nas opcións A e B do exame.

1. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.

2. Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da norma.

3. O galego, lingua en vías de normalización.

4. O galego no primeiro terzo do século XX: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.

5. O galego de 1936 a 1978: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.

6. O galego a finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.

Agárdase do alumnado unha resposta concisa e asemade completa, acorde coa puntuación que se lle concede á pregunta e co tempo do que se dispón para o exame. Sería desexable unha extensión aproximada dunhas 200 ou 250 palabras. Ao se tratar dunha extensión breve para unha pregunta deste tipo, valorarase a capacidade para seleccionar e presentar a información máis relevante sobre o tema escollido, así como para evitar divagacións e xeneralidades.

e) LITERATURA. Pregunta 7 (2 puntos). Escoller 1 de 2 propostas que serán as mesmas nas opcións A e B do exame:

1. A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas.

2.- A poesía de vangarda. Características, autores e obras representativas.

3. A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo).

4.- O teatro do primeiro terzo do XX: Irmandades, vangardas e Grupo Nós.

5.- A poesía entre 1936 e 1975: a Xeración do 36, a Promoción de Enlace, a Xeración das Festas Minervais.

6.- A prosa entre 1936 e 1975: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas).

7.- A Nova Narrativa Galega. Características, autores e obras representativas.

8.- O teatro galego entre 1936 e 1975: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia.

9.- A literatura do exilio entre 1936 e 1975: poesía, prosa e teatro.

10. A poesía de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Poetas e tendencias actuais máis relevantes.

11.- A prosa de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Prosistas e tendencias actuais máis relevantes.

12. O teatro de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Dramaturgos, tendencias e compañías actuais máis relevantes.

Non se considerarán correctas as respostas que consistan nunha mera listaxe de autores e obras. Valorarase o tratamento, no tema escollido, dos seguintes elementos:
• Información sobre o contexto: acontecementos históricos, grupos, influencias, iniciativas, tendencias, etc.
• Información acerca dos principais autores/as dun período ou corrente. Esta non só debe facer referencia ás obras máis importantes senón tamén aos trazos que caracterizan cada un dos autores/as.
• Información acerca do que un grupo, autor/a ou época supuxeron na historia da literatura galega.

Como extensión orientativa podemos establecer unhas 400 palabras, aproximadamente. Cómpre non obstante ter en conta que neste caso a extensión pode ser moi variable dependendo de que o alumnado opte por unha redacción máis desenvolvida ou máis esquemática.


Consideracións relativas á corrección lingüística
De igual maneira que se veu facendo nestes anos pasados, valorarase a corrección lingüística do exame. Os erros poderán descontar até un máximo de 2 puntos sobre a cualificación global.

O cálculo levarase a cabo segundo a seguinte clasificación:
• Moi graves: solucións que son alleas ao sistema lingüístico do galego, como tempos compostos, mala colocación dos clíticos, etc. Descontaranse 0,2 puntos por cada un.
• Graves: solucións ortográficas contrarias á norma lingüística (b/v, h, y, etc.) e acentuación diacrítica. Descontarase 0,1 punto por cada un.
• Leves: solucións galegas alleas ao estándar vixente e acentuación non diacrítica. Descontaranse 0,05 puntos por cada un. Estas penalizacións non se aplicarán sobre a pregunta 3 xa que, tal como se indicou, na propia valoración da pregunta está incluída a avaliación da corrección lingüística do texto producido.

2005-2017
Licenza Creative Commons
ogalego.eu/ogalego.gal ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.