casa
Xesús Alonso Montero, homenaxe dos seus alumnos de ogalego.eu

Libros en galego que se deixan ler

Teoría

qr
Foto: Xesús Alonso Montero, escritor galego

ogalego.eu // ogalego.gal son  Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra, catedráticos de L. e Lit. Galega xubilados

LINGUA GALEGA E LITERATURA. 1º ESO. ACTIVIDADES PARA TRABALLAR NA REDE

Antigo espazo Abalar
(na memoria de Pedro Petouto, mestre dos mestres)

En vermello aparecen os apartados correspondentes aos contidos de 1º ESO publicados no DOG (LOMCE 2015). Todas as actividades teñen ligazóns á rede para que o profesorado e o alumnado poidan traballar conectados. Esta guía non é máis que unha axuda, non é un curso completo.

- Espazo Abalar de 1º ESO, Lingua Galega

- Proxecto Cotovía: Lingua Galega e Literatura, 1º e 2º ESO

- ogalego.eu no espazo Abalar

Bloque 2. Comunicación escrita. Ler e escribir

B2.1. Contidos: Aplicación de técnicas de análise do contido e estratexias de lectura comprensiva.
C. de Av.: Aplicar técnicas de análise do contido e estratexias de lectura comprensiva.
E. de Ap.: Utiliza técnicas de análise e síntese do contido: subliñados, esquemas e resumos. Recoñece a intenciona-. Reconstrúe o sentido global e compón o esquema xerarquizado das ideas. Procura o léxico descoñecido en dicionarios, analiza a forma da palabra ou deduce o significado polo contexto. Interpreta o significado de elementos non lingüísticos (símbolos, iconas, etc.). Busca información para ampliar e completar o contido das mensaxes a través de distintos recursos: xornais, revistas, libros, enciclopedias, buscadores de internet. Contrasta os contidos analizados cos coñecementos propios, antes e despois da lectura.

1-Dicionario de dicionarios: escoller varias palabras e investigar a información
2-Dicionario da RAG: buscar palabras e información
3-Dicionário Estraviz: buscar palabras. Que hai de diferente nas definicións?
4-Digalego: dicionario con tradución das palabras a varias linguas

5-Dicionario de Sinónimos
6 -Xogamos coas palabras-3 (Espazo Abalar)
7-Artegrafía (Dicionario ortográfico) -Espazo Abalar-

B2.2. Contidos: Comprensión e interpretación de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais en ámbitos próximos á experiencia do alumnado: mensaxes lectrónicas ou de móbil, normas e instrucións de uso.
C. de Av.: Comprender, interpretar e sintetizar textos da vida cotiá e das relacións sociais en ámbitos próximos á experiencia do alumnado: mensaxes electrónicas ou de móbil e normas e instrucións de uso.
E. de Ap.: Comprende, interpreta e sintetiza o contido de textos propios da vida cotiá: mensaxes electrónicas ou de móbil, de correo electrónico, normas e instrucións de uso.

1. Practicar coa lingua das mensaxes de móbil: exercicios
2-Consellos para interactuar nun blog:

- Nos blogs o tema deberá cinxirse á temática xeral, sobre todo nos escolares
- Non se debe escribir en maiúsculas porque semella que se berra. Non se debe utilizar a linguaxe dos SMS, hai que escribir correctamente, con todas as letras, tiles, etc.
- O título da mensaxe debe ser breve e claro
- Cando a resposta a unha mensaxe no blog sexa persoal é mellor mandar un email
- Non mandar comentarios innecesarios. Opinións coma “Moi ben”, “Eu tamén” non aportan nada, son unha perda de tempo
- Non  subir comentarios que teñan alusións sexistas, políticas, relixiosas ou racistas que poidan atentar contra outros usuarios
- Non subir insultos e descualificacións
- Nunca suplantar a identidade de outro usuario xa que se pode incorrer en delicto. Non expor publicamente datos persoais propios ou alleos
- Non se deben anunciar produtos ou empresas coma se fose un anuncio

3- Consellos para o correo electrónico.
- Cando se envía un correo a varias persoas debe empregarse sempre o destinatario oculto (CCO)
- Ao reenviar un correo recibido borrar sempre o enderezo de quen nolo enviou
- Non responder a correos descoñecidos en ningún caso. Borralos ou bloquealos como spam
- O correo non é un chat. Procurar facelo atractivo no formato con cores, presentación, etc.

4- Redes sociais (Tuenti, Facebook, etc.)
- Non facer públicos datos persoais coma enderezos, teléfonos, etc.
- Restrinxir no perfil o acceso aos comentarios propios a só amigos ou amigos de amigos
- Ao aceptar amigos lembrar que non é importante o número senón a calidade
- Sempre en caso de dúbida consultar aos pais ou profesores
- Non insultar, faltar ao respecto ou propagar rumores sobre outras persoas porque un é o responsable do que escribe e onde o escribe. Na rede non hai anonimato
- Desconfiar de promesas, agasallos, etc. sen coñecemento dos pais
- Ser responsables do que se escribe en WhatsApp pensando moi ben todo o que se di de terceiras persoas, sabendo que calquera que o lea o pode facer público.
- Non compartir imaxes de outros/as que poidan ser malinterpretadas ou manipuladas.

5. A Aula Virtual do Instituto.
Cada vez que utilizamos a AV é coma se falásemos diante de toda a clase: corrección, educación, textos e arquivos ben presentados na forma e nos temas. Actualizar o perfil con algo orixinal ou bonito.

6. Curso aberto para as ferramentas dos portátiles Abalar
7. Dicionario de sms, mensaxería...

B2.3.Contidos: Comprensión, interpretación e síntese de textos dos medios de comunicación, fundamentalmente
C. de Av.: Comprender, interpretar e sintetizar escritos dos medios de comunicación, especialmente, os textos narrativos. narrativos e expositivos de estrutura descritiva e secuencial.
E. de Ap.: Comprende, interpreta e sintetiza escritos dos medios de comunicación, especialmente, os textos narrativos e expositivos de estrutura descritiva e secuencial.

1- O xornal máis lido en galego é Sermos Galiza, semanal en papell. Escoller unha nova e comentala na AV ou no procesador de textos.
2- O xornal máis completo en galego foi Galicia Hoxe, agora só virtual.
3- Noticieiro Galego, xornal dixital
Facer unha análise das seccións que ten e de que tratan.
Cales son as novas máis importante do día? Por que?
4- La Voz de Galicia é o xornal en castelán máis lido en Galicia.
Probar a ler La Voz en galego premendo en lavozdegalicia.es en galego (arriba á esquerda xunto á lupa) e facer un comentario da experiencia (ou directamente).
Explicación de seccións que ten.
Os lugueses tamén poden ver en galego El Progreso premendo na bandeira ou directamente
Os pontevedreses poden optar por ver en galego o Diario de Pontevedra premendo na bandeira ou directamente
Os coruñeses tamén poden ver en galego La Opinión
5- O segundo xornal máis lido en Galicia é o Faro de Vigo, que tamén dispón dunha versión en galego
(á dereita debaixo de suscriptor)
6. Outros medios dixitais son Praza Pública, Galicia confidencial.

B2.4. Contidos: Comprensión e interpretación de textos do ámbito educativo, especialmente, descritivos, narrativos e expositivos sobre as distintas materias curriculares: webs educativas, dicionarios, glosarios e enciclopedias en diversos soportes.
C. de Av.: Comprender, interpretar e sintetizar escritos do ámbito educativo do alumnado, especialmente, textos descritivos, narrativos e expositivos sobre as distintas materias curriculares: webs educativas, e información de dicionarios e enciclopedias en distintos soportes.
E. de Ap.: Comprende, interpreta e sintetiza textos propios da vida educativa: webs educativas, información de dicionarios, glosarios e enciclopedias en distintos soportes.

1- A wikipedia en galego, a Galipedia: Que é? Como se consulta?
2- A Enciclopedia dos autores galegos: Biblioteca Virtual Galega. Procurar información sobre autores e obras
3- O proxecto Abalar. Que é? Como funciona?
4- Un texto económico: ver:
5- Unha receita de cociña: ver

6- Despois de ler a pega e a andoriña, redactar un texto relacionado coa materia de coñecemento do medio
7- Despois de ler o texto sobre A Media e A Persia, redactar un texto relacionado coa materia de sociais
8- Elaborar no procesador de textos ou na AV resumes e esquemas de temas doutras materias

B2.5. Contidos: Utilización guiada da biblioteca e das TIC para obter información e consultar modelos de composición escrita.
C. de Av.: Utilizar de forma guiada as bibliotecas e as TIC para obter información e consultar modelos de composición escrita.
E. de Ap.: Usa de forma guiada as bibliotecas e as TIC para obter información e consultar modelos de composición escrita.

1- Un exemplo de guías na biblioteca do IES Sánchez Cantón
2- As Andadeiras na biblioteca do IES Sánchez Cantón: como facer traballos, redactar apuntamentos, ler webs, ler a prensa…

B2.6. Contidos: Actitude reflexiva e crítica ante as mensaxes que transmitan prexuízos ou usos lingüísticos discriminatorios, especialmente, os que aparecen nos medios de comunicación.
C. de Av.: Amosar unha actitude reflexiva e crítica ante as mensaxes que transmiten prexuízos e reflexionar sobre os usos lingüísticos discriminatorios.
E. de Ap.: Manifesta unha actitude crítica ante as mensaxes que transmiten prexuízos e reflexiona sobre os usos lingüísticos discriminatorios. Identifica e evita o uso de expresións habituais que evidencian prexuízos de distinta natureza: relixiosos, raciais e sexistas.

1- Buscar nos xornais do apartado B2.3 textos que traten o tema da discriminación
2- Contos populares pexorativos para a muller, refráns nos que a muller non sae ben
3- Linguaxe non sexista

B2.7. Contidos: Lectura en voz alta con dicción, entoación e ritmo adecuados á situación comunicativa, aos patróns fonéticos do galego e aos signos de puntuación. Ler en voz alta con dicción, entoación e ritmo adecuados á situación comunicativa.
C. de Av.: Le en voz alta con dicción, entoación e ritmo adecuados e con respecto pola puntuación do texto.
E. de Ap.: Le en voz alta seguindo os patróns fonéticos do galego. Utiliza recursos das TIC para rexistrar a voz.

7.1- Lectura do discurso dun delegado de clase: ver
7.2- Lectura de Se eu fose autor, de Castelao
7.3- Lectura dos Airiños, airiños, aires, de Rosalía de Castro
7.4- Lectura de Tristán García de Álvaro Cunqueiro

7.5- Probar Cotovía pegando o texto e escollendo o noso idioma (sintetizador de voz)

B2.8. Contidos: Planificación e revisión do escrito, de forma guiada, para producir textos adecuados, coherentes, cohesionados e correctos gramaticalmente.
C. de Av.
: Planificar, producir e revisar o escrito co fin de producir textos adecuados, coherentes, cohesionados e correctos gramaticalmente.
E. de Ap.: Utiliza esquemas sinxelos e notas para ordenar as ideas e estruturar o contido do texto. Adecúa o texto ao rexistro coloquial ou formal segundo o requira a situación comunicativa. Utiliza elementos lingü ísticos e discursivos esenciais para a cohesión das ideas: conectores textuais básicos, e concordancias dentro do sintagma nominal e dentro do sintagma verbal. Puntúa o texto en relación coa organización oracional e a forma do texto (os parágrafos e a distribución e organización das ideas expresadas). Revisa o texto con respecto ás normas morfolóxicas, ortográficas e tipográficas.

-Puntuar correctamente

B2.9. Contidos: Produción, en formato papel ou dixital, de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais: notas, cartas, avisos, mensaxes electrónicas ou de móbil.
C. de Av.: Producir, en formato papel ou dixital, textos sinxelos propios da vida cotiá e das relacións sociais: notas, cartas, avisos, mensaxes electrónicas ou de móbil.
E. de Ap.: Produce textos propios das relacións sociais: notas, cartas, avisos, mensaxes electrónicas ou de móbil.

1- Redactar varios correos: a un compañeiro de clase enfermo comentándolle o que pasou hoxe nas clases. A un amigo que coñecemos no campamento de verán comentándolle como é a vida na nosa cidade/vila
2- Redactar un texto coas normas de comportamento que piden no noso instituto
3- Redactar un texto sobre a utilización por parte do alumnado de 1º ESO das redes sociais e dos móbiles
4- Redactar un texto coas principais regras do deporte favorito

Para 1.2-3-4 usar o procesador writer. Consellos: tipo de letra (verdana...), tamaño (11/12), título centrado, texto xustificado, comprobar a ortografía.

B2.10. Contidos: Produción, a partir dun modelo, de textos propios dos medios de comunicación, fundamentalmente, noticias, en formato papel ou dixital.
C. de Av.: Producir, a partir dun modelo, textos propios dos medios de comunicación, fundamentalmente noticias, en formato papel ou dixital.
E. de Ap.: Produce, a partir dun modelo, textos propios dos medios de comunicación, fundamentalmente, noticias, en formato papel ou dixital. Coñece a estrutura do xornal (seccións e xéneros) e os elementos paratextuais que acompañan as noticias.

Pódense utilizar os xornais citados no apartado B2.3 para coller un modelo.
Como exemplo tamén se poden ler duns traballadores pechados ou o dun pirata informático
1- Redactar una noticia: expoñendo só os feitos
2- Redactar unha crónica: expoñendo os feitos e dando a opinión propia
3- Redactar unha reportaxe: con información, fontes, imaxes, etc.
4- Redactar unha carta ao director, tema: os problemas do instituto
5- Contamos o que pasa
. A competencia comunicativa en 1º e 2º ESO (Espazo Abalar)

B2.11. Contidos: Produción, en soporte impreso ou dixital, de textos propios da vida educativa, especialmente, resumos, exposicións sinxelas e conclusións sobre as tarefas e aprendizaxes realizadas
C. de Av.: Producir, en soporte impreso ou dixital, textos propios da vida educativa, especialmente, resumos, exposicións sinxelas e conclusións sobre as tarefas e aprendizaxes realizadas.
E. de Ap.: Produce, en formato papel ou dixital, textos descritivos, narrativos e expositivos propios da vida educativa, especialmente, resumos, exposicións sinxelas e conclusións sobre tarefas e aprendizaxes realizadas.

- Suxestións para traballos individuais ou en grupo

B2.12. Contidos: Produción, en soporte impreso ou dixital, de textos de distintos xéneros: descricións, narracións de feitos e exposicións de ideas e conceptos.
C. de Av.: Producir textos de distintos xéneros: descricións, narracións de feitos e exposicións de ideas e conceptos.
E. de Ap.: Produce textos de distintos xéneros: descricións, narracións de feitos e exposicións de ideas e conceptos.

1- Descrición do ambiente da clase
2- Descrición física e da forma de ser de un mesmo
3- Descrición da casa propia
4- Descrición dos lugares onde se pasan as vacacións

5- Outras propostas de textos

B2.13. Contidos: Uso, con progresiva autonomía, das TIC (procesadores de textos e correctores ortográficos) na planificación, revisión e presentación dos escritos
C. de Av.: Usar, con progresiva autonomía, as TIC (procesadores de texto e correctores ortográficos) para planificar, revisar e mellorar a presentación dos escritos.
E. de Ap.: Utiliza, con progresiva autonomía, as funcións básicas dun procesador de textos para organizar os contidos e mellorar a presentación. Emprega os correctores ortográficos para resolver dúbidas e revisar a ortografía.

Pasos na escrita:
1- Escribir o texto propio
2- Pasar o texto polo corrector ortográfico do procesador de textos ou en liña
3- Xustificar o texto e centrar os títulos
4- Escoller o tipo de letra e o tamaño do texto (os máis comúns)
5- Facer as ligazóns (ocultas) a outras páxinas, se cómpre
6- Inserir as imaxes, adecuando o tamaño e colocándoas de xeito atractivo co texto

7- Xogar coas cores e fondos

8- Finalmente, se é para subir como arquivo, mellor gardar como pdf quedando con copia no formato do procesador para futuros cambios

B2.14. Contidos: Autoavaliación da aprendizaxe da lingua cunha actitude activa e de confianza.
C. de Av.: Avaliar o seu proceso de aprendizaxe cunha actitude activa e de confianza.
E. de Ap.: Participa, de modo guiado, nas tarefas de revisión e mellora das producións propias e alleas. Acepta o erro como parte do proceso de aprendizaxe e mostra unha actitude positiva de superación.

Bloque 3. Funcionamento da lingua

B3.1. Contidos: Recoñecemento, explicación e uso de léxico suficientemente amplo e preciso, con incorporación de fraseoloxía e de vocabulario temático a partir de campos léxicos traballados na aula.
C. de Av.: Recoñecer, explicar e usar léxico amplo e preciso coa presenza da fraseoloxía e vocabulario traballado na aula.
E. de Ap.: Utiliza un vocabulario amplo e preciso para expresarse con claridade nun rexistro axeitado á situación.

1-Integración de fraseoloxía e paremioloxía (refráns) nos textos axudándose dos ditos de Pilar Guerra
2-Exercicios de léxico para utilizar nas composicións

B3.2. Contidos: A fonética e a fonoloxía do galego, con especial atención a posibles interferencias.
C. de Av.: Recoñecer e usar a fonética da lingua galega.
E. de Ap.: Recoñece e pronuncia correctamente os fonemas propios da lingua galega.

1.Exercicios de fonoloxía
2.Dicionario de pronununcia da Lingua galega

B3.3. Contidos: Uso eficaz dos dicionarios e doutras fontes de consulta, tanto en papel como en soporte electrónico, especialmente sobre clases de palabras e normativa.
C. de Av.: Usar eficazmente os dicionarios ou calquera outra fonte de consulta en calquera soporte, para resolver dúbidas e para progresar na aprendizaxe autónoma.
E. de Ap.: Obtén, de xeito autónomo, información lingüística relativa á clase de palabras e a normativa en dicionarios, en diferentes soportes, e noutras obras de consulta.

Ver apartado B2.1

B3.4. Contidos: Aplicación e valoración das normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega.
C. de Av.: Aplicar e valorar as normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega.
E. de Ap.: Aplica correctamente as normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega. Aplica estratexias para a corrección lingüística, gramatical e ortográfica dos textos.

- Exercicios para practicar a ortografía. B/V no Ben Falado.
- Para axudarse cun resume ortográfico
- Descargar as normas ortográficas do galego

B3.5. Contidos: Análise e uso reflexivo da puntuación en relación coa cohesión textual.
C. de Av.: Analizar e usar correctamente a puntuación, de acordo coa cohesión textual.
E. de Ap.:  Analiza e usa correctamente a puntuación de acordo coa cohesión textual.

B3.6. Contidos: Recoñecemento, uso e explicación das categorías gramaticais básicas (substantivo, adxectivo cualificativo, verbo, adverbio, etc.) así como a diferenza entre palabras flexivas e non flexivas para a creación e comprensión de textos.
C. de Av.: Recoñecer e explicar o uso das distintas categorías gramaticais, utilizar este coñecemento para distinguir erros e diferenciar as flexivas das non flexivas.
E. de Ap.: Recoñece e explica o e das distintas categorías gramaticais, utiliza este coñecemento para corrixir erros e distingue as flexivas das non flexivas.

1-Análise morfolóxica de frases
2-Escoller exercicios variados coas súas solucións

B3.7. Contidos: Recoñecemento, uso e reflexión dos mecanismos da cohesión textual como a deíxe persoal.
C. de Av.: Recoñecer, usar e reflexionar sobre os mecanismos da cohesión textual como a deíxe persoal.
E. de Ap.: Recoñece e explica nos textos as referencias deícticas persoais.

- Demostrativo
- Posesivo
- Pronome persoal

B3.8. Contidos: Recoñecemento, uso e explicación dos conectores textuais máis comúns, en particular os temporais e explicativos.
C. de Av.: Recoñecer, usar e explicar os conectores textuais máis comúns (sobre todo os temporais e os explicativos).
E. de Ap.: Identifica, explica e usa distintos tipos de conectores textuais máis comúns, en particular os temporais e explicativos.

-Uso de nexos

B3.9. Contidos: Coñecemento das regras de concordancia e das funcións sintácticas principais no seo da oración para elaborar enunciados cun estilo cohesionado e correcto.
C. de Av.: Coñecer as regras de concordancia e das funcións sintácticas principais no seo da oración para elaborar enunciados cun estilo cohesionado e correcto.
E. de Ap.: Producir textos orais e escritos de diferentes xéneros, usando as regras de concordancia. Identificar as función sintácticas no seo da oración.

1-Exercicios de análise sintáctica simples
2-Pequena axuda teórica

B3.10.Contidos: Recoñecemento das modalidades asertivas, interrogativas, exclamativas, desiderativas, dubitativas e imperativas en relación coa intención comunicativa do emisor.
C. de Av.: Recoñecer as modalidades asertivas, interrogativas, exclamativas, desiderativas, dubitativas e imperativas en relación coa intención comunicativa do emisor.
E. de Ap.: Recoñece as modalidades asertivas, interrogativas, exclamativas, desiderativas, dubitativas e imperativas en relación coa intención comunicativa do emisor.

Lectura dos textos 2, 5, 6 e análise do tipo de oracións e a súa intención comunicativa

B3.11. Contidos: Coñecemento, uso e aplicación das estratexias necesarias de autoavaliación, aceptando o erro como parte do proceso.
C. de Av.: Aplicar progresivamente o coñecemento e o uso das estratexias de autoavaliación e a aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe.
E. de Ap.: Recoñece os erros nas producións orais e escritas propias e alleas a partir da avaliación e autoavaliación.

B3.12.Contidos: Participación en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas, etc.) nos que se utilicen varias linguas, tanto curriculares como outras presentes no centro docente, relacionados cos elementos transversais e nos que se eviten estereotipos lingüísticos ou culturais.
C. de Av.: Participar en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas, etc.) nos que se utilicen varias linguas, tanto curriculares como outras presentes no centro docente, relacionados cos elementos transversais e nos que se eviten estereotipos lingüísticos ou culturais.
E. de Ap.: Participa en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas, obras de teatro, etc.) nos que se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evita estereotipos lingüísticos ou culturais e valora as competencias que posúe como persoa plurilingüe.

B3.13. Contidos: Identificación e progresiva utilización dos coñecementos sobre as linguas para desenvolver unha competencia comunicativa integrada.
C. de Av.: Reflexionar sobre o sistema e as normas de uso das linguas, mediante a comparación e a transformación de textos, enunciados e palabras, e utilizar estes coñecementos para solucionar problemas de comprensión e para a produción de textos.
E. de Ap.: Utiliza os coñecementos lingüísticos de ámbito contextual, textual, oracional e da palabra, desenvolvidos no curso nunha das linguas, para mellorar a comprensión e produción dos textos traballados en calquera das outras.

Tradutores e correctores en liña

Bloque 4. Lingua e sociedade

B4.1. 2 3. Contidos: Valoración das linguas como medios de relación interpersoal e de sinal de identidade dun pobo.
2.Contidos: O plurilingüismo como expresión da riqueza cultural da humanidade
3.Contidos: A lusofonía.
C. de Av.: Valorar as linguas como medios de relación interpersoal e de sinal de identidade dun pobo, valorar positivamente o plurilingüismo como expresión da riqueza cultural da humanidade e coñecer a lusofonía e achegarse ás culturas que a integran.
E. de Ap.: Valora a lingua como instrumento co cal se constrúen todos os saberes e como medio de relación interpersoal e de sinal de identidade dun pobo a través da identificación de elementos lingüísticos de noso na literatura de tradición oral e no xénero humorístico. Coñece as linguas que se falan en Galicia. Coñece os territorios que forman parte da comunidade lusófona. Coñece recursos en rede de lecer (literatura de tradición oral, música e xogos) en lingua galega adaptados á súa idade.

1- Reflexións de Méndez Ferrín e Jordi Ballera sobre a lingua
2- Procurar persoas estranxeiras que aparezan falando en galego e reflexionando sobre a utilidade das linguas
. Galego nas Universidades europeas, O mito da Torre de Babel. Khristos Kotsakópulos, Peter Szavó, Paulina Ceremuzinska, Daria Shórnikova, Susana Montesinos, Sara Ardovini, Hicham Suisse, Ekaterina Guerbek, Jonathan Dunne, Zuzana Pesselova, Arif Budiman, Grit Hagen,
3- As posibilidades do plurilingüismo na rede. Facer prácticas de tradución
4- Ver nas Historias de Galicia a Lingua de reis
5- O galego visto desde Portugal
6- A Lusofonía
7- Ben Falado: o que todo galego debe saber do portugués

B4.4. Contidos: Análise da situación sociolingüística, a partir do contexto familiar do alumnado
C. de Av.: Coñecer a situación sociolingüística e legal das linguas de España.
E. de Ap.: Coñece a lexislación que regula os dereitos lingüísticos individuais.

-Fachendosos do galego (Internet)

B4.5. Contidos: Desenvolvemento de actitudes positivas cara ao proceso de recuperación do galego, favorecendo o xurdimento de vínculos positivos cara ao seu uso e consciencia da necesidade e das potencialidades de enriquecemento persoal e colectivo do uso normalizado da lingua galega.
C. de Av.: Identificar os prexuízos lingüísticos e analizar a situación persoal en relación a eles.
E. de Ap.: Coñece o que é un prexuízo.Detecta e analiza a presenza de novos e vellos prexuízos cara ao galego na súa práctica lingüística e na do seu contorno.

1- Ver Linguas Cruzadas: un, dous, tres, catro, cinco, seis
2- É o galego lingua minoritaria: Núñez Singala
3- IES da Chapela no You Tube

B4.6. Contidos: Situación sociolingüística e legal das linguas de España.
C. de Av.: Recoñecer e apreciar as variantes diatópicas do galego.
E. de Ap.: Aprecia as variantes diatópicas do galego como símbolo de riqueza lingüística e cultural. Rexeita os prexuízos sobre as variedades dialectais e utiliza os trazos propios da súa zona. Coñece as principais variantes diatópicas do galego e clasifica producións lingüísticas segundo o bloque dialectal ao que pertencen.
B4.7. Contidos: Prexuízos lingüísticos
B4.8. Contidos: Recoñecemento e valoración dos principais fenómenos que caracterizan as variedades diatópicas do galego.

1- Buscar falantes da zona propia e de outras
2- Exercicios para practicar coas formas dialectais

3- Practicar a fonética con exercicios
4- Escoitar falantes en escollendo varios capítulos do Ben falado: A Pastoriza///
Hermisende/// Galego de León e Zamora/// Galego de Asturias///Monfero/// Bergantiños, etc Ou nesta selección de falas no You Tube

Bloque 5. Educación literaria

B5.1. Contidos: Lectura, con regularidade e de maneira guiada, de obras literarias para desenvolver o criterio lector; exposición da opinión persoal sobre a lectura dunha obra axeitada á idade, relación do seu sentido coa propia experiencia e outros coñecementos adquiridos e asimilación dos trazos estéticos xerais que definen cada texto.
C. de Av.: Ler, con regularidade e de maneira guiada, obras literarias para desenvolver o criterio lector; expor unha opinión persoal sobre a lectura dunha obra axeitada á idade, relacionando o seu sentido coa propia experiencia e outros coñecementos adquiridos, procurando asimilar os trazos estéticos xerais que definen cada texto.
E. de Ap.: Le, con regularidade e de maneira guiada, obras literarias para desenvolver o criterio lector; expón unha opinión persoal sobre a lectura dunha obra axeitada á idade, relaciona o seu sentido coa propia experiencia e outros coñecementos adquiridos, e asimila os trazos estéticos xerais que definen cada texto.

Proposta de itinerario lector para 1º ESO:

- O monstro das palabras, María Reimóndez -Xerais -
- Chamádeme Simbad, Francisco Castro, Galaxia
- Contos por palabras,  de Agustín Fernández Paz -Xerais-/B120, La Voz
-Trece anos de Branca,  de Agustín Fernández Paz –Edebé
- Intercambio cun inglés, de Christine Nöstlinger, Oxford
- Os mornias, de Lola González -Xerais-.  
- Contos para Manuela, de Mario Pereira, Alfaguara
- Prohibido casar, papá, de Fina Casalderrey, Galaxia
- A noite que Wendy aprendeu a voar, Andreu Martín -Xerais-
- Ás de mosca para Anxo, de Fina Casalderrey -Anaya-
- Amigos en tempo real,  Ramiro J. Álvarez, -Galaxia-
- A expedición do Pacífico,  de Marilar Aleixandre -Xerais-.
- De como o santo dos croques se fai peregrino, Pepe Carballude –SM-
- Camiño perigoso, Ánxela Loureiro -Xerais-
- Os Megatoxos e os Templarios da Luz, Anxo Fariña -A Nosa Terra-
- Os Megatoxos e o aprendiz de Druída, Anxo Fariña -A Nosa Terra-
- Os Megatoxos e a espada esmeralda, Anxo Fariña -A Nosa Terra-

- Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa, Anxo Fariña -Xerais-

B5.2. Contidos: Comparación de textos literarios e non literarios e diferenciación de textos dos tres grandes xéneros a partir dos seus trazos característicos máis xerais.
C. de Av.: Comparar textos literarios e non literarios e diferenciar textos dos tres grandes xéneros a partir dos seus trazos característicos máis xerais.
E. de Ap.: Compara textos literarios e non literarios e describe as súas diferenzas e similitudes. Diferencia textos dos tres grandes xéneros a partir dos seus trazos característicos máis xerais.

1-Escoller textos na Biblioteca Virtual Galega e comparalos
2-Textos para practicar: ver
3-Os xéneros literarios (Espazo Abalar)

B5.3. Contidos: Lectura expresiva e comprensiva, audicións de poemas recitados ou cantados, determinación da temática ou temáticas abordadas e descrición dos valores estilísticos dos textos.
C. de Av.: Ler expresiva e comprensivamente, facer audicións de poemas recitados ou cantados, sinalar a temática ou temáticas abordadas e describir os valores estilísticos dos textos.
E. de Ap.: Le expresiva e comprensivamente, fai audicións de poemas recitados ou cantados, sinala a temática ou temáticas abordadas e describe os valores estilísticos dos textos.

2.1- En Son de poetas podemos escoller entre unha morea de poemas e fixármonos nos recursos xa que temos son e letra
2.2- Tamén na Biblioteca Virtual Galega temos un bo feixe de poemas para escoitar

B5.4. Contidos: Lectura expresiva e comprensiva de textos narrativos breves e recoñecemento da funcionalidade dos elementos formais básicos
C. de Av.: Ler expresiva e comprensivamente textos narrativos breves e recoñecer a funcionalidade dos elementos formais básicos.
E. de Ap.: Le expresiva e comprensivamente textos narrativos breves e recoñece a funcionalidade dos elementos formais básicos.

1- Fragmento de Neira Vilas en Querido Tomás, texto e vídeo
2- Fragmento de Xavier P. Docampo, texto e vídeo

3- Os nenos e as novas tecnoloxías. Texto para traballar
4. Unha Cousa de Castelao. Texto para traballar

B5.5. Contidos: Lectura dramatizada e comprensiva, visionado de pezas teatrais e apreciación dos seus compoñentes e procedementos máis relevantes.
C. de Av.: Ler dramatizada e comprensivamente, visionar pezas teatrais e apreciar os seus compoñentes e procedementos máis relevantes.
E. de Ap.: Le dramatizada e comprensivamente, visiona pezas teatrais e aprecia os seus compoñentes e procedementos máis relevantes.

1- Vídeo dunha parte de A fiestra baldeira, de R. Dieste
2- Texto de A xustiza dun muiñeiro, de Varela Buxán

B5.6. Contidos: Produción de textos sinxelos de intención estética, servíndose dos coñecementos literarios adquiridos e dos recursos retóricos traballados na aula.
C. de Av.: Escribir textos sinxelos de intención estética, servíndose dos coñecementos literarios adquiridos e dos recursos retóricos traballados na aula.
E. de Ap.: Escribe textos sinxelos de intención estética, servíndose dos coñecementos literarios adquiridos e dos recursos retóricos traballados na aula.

 B5.7. Contidos: Descrición e caracterización dos trazos definitorios básicos do cómic e a canción como linguaxes artísticas.
C. de Av.: Describir e caracterizar os trazos definitorios básicos do cómic e a canción como linguaxes artísticas.
E. de Ap.: Describe e caracteriza os trazos definitorios básicos do cómic como linguaxe artística. Identifica e describe, nun cómic dado, os principais trazos definitorios. Describe e caracteriza os trazos definitorios básicos da canción como linguaxe artística. Identifica e describe, nunha canción dada, os seus principais trazos definitorios.

1- Portal para facer cómic cunha versión educativa de 30 días. Cómodo e fácil de usar
2- Novas sobre a banda deseñada galega
3- Pequeno vídeo sobre o cómic
4-O mundo do cómic (Espazo Abalar)

B5.8. Contidos: Familiarización, seguindo unhas pautas orientadoras, co emprego dos fondos e recursos que ofrecen as bibliotecas, incluídas as virtuais, para a procura de información básica e a resolución de dúbidas de traballo.
C. de Av.: Familiarizarse, seguindo unhas pautas orientadoras, co emprego dos fondos e recursos que ofrecen as bibliotecas, incluídas as virtuais, para a procura de información básica e a resolución de dúbidas de traballo.
E. de Ap.: Familiarízase, seguindo unhas pautas orientadoras, co emprego dos fondos e recursos que ofrecen as bibliotecas, incluí- das as virtuais, para a procura de información básica e a resolución de dúbidas de traballo.

Bloque 1. Comunicación oral. Escoitar e falar

1-Falo Galego (Espazo Abalar)
2-Contamos a nosa historia (Espazo Abalar)

B.1.1. Contidos: Comprensión, interpretación e resumo de calquera texto oral ou daqueles propios dos medios de comunicación, especialmente noticias de actualidade, próximas aos intereses do alumnado
C. de Av.: Comprender e interpretar a intención comunicativa e a idea xeral de textos orais (noticias de actualidade) e elaborar un resumo
E. de Ap.: Comprende e interpreta a intención comunicativa de textos orais sinxelos (noticias de actualidade). Traslada a información relevante ou a idea xeral de textos sinxelos a resumos

B1.2.Contidos: Comprensión e interpretación de textos orais utilizados no ámbito social e educativo (instrucións, presentacións de tarefas e breves exposicións orais de temáticas variadas).
C. de Av.: Extraer a intención comunicativa e a idea xeral de textos orais sinxelos dos ámbitos social e educativo, e seguir instrucións para realizar tarefas guiadas de aprendizaxe con progresiva autonomía.
E. de Ap.: Recoñece, xunto ao propósito e a idea xeral, os datos máis relevantes en textos orais do ámbito social e educativo. Segue instrucións para realizar tarefas de aprendizaxe con progresiva autonomía.

B1.3. Contidos: Desenvolvemento de habilidades de escoita activa con actitude de interese, de cooperación e de respecto.
C. de Av.: Coñecer e apreciar as normas de cortesía nas intervencións orais propias e alleas, tanto espontáneas como planificadas.
E. de Ap.: Coñece e aprecia as normas que rexen a cortesía na comunicación oral (intervén na orde que lle corresponde, manifesta respecto polas opinións alleas e recoñece e rexeita a linguaxe discriminatoria). Recoñece a importancia dos aspectos prosódicos (entoación, pausas, ton, timbre e volume) e o significado da linguaxe non verbal.

B1.4. Contidos: Escoita crítica e reflexiva das mensaxes dos medios de comunicación, con especial atención aos programas informativos.
C. de Av.: Identificar e contrastar o propósito comunicativo en textos orais dos medios de comunicación, analizar criticamente os seus contidos e identificar prexuízos ou mensaxes discriminatorias.
E. de Ap.: Identifica a intención comunicativa, as ideas principais e as secundarias de programas informativos.  Compara o tratamento da mesma noticia en diferentes medios de comunicación e extrae conclusións a partir das coincidencias e diferenzas atopadas. Identifica e rexeita os usos lingüísticos que levan implícitos prexuízos ou discriminacións

B1.5. Contidos: Coñecemento e aplicación, con axuda das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), de estratexias necesarias para producir textos orais sobre temas de actualidade.
C. de Av.: Coñecer e aplicar, con axuda das TIC, as estratexias necesarias para realizar exposicións orais planificadas e participar de forma construtiva en diversas interaccións comunicativas.
E. de Ap.: Consulta os medios de información dixitais para seleccionar contidos relevantes e incorporalos ás súas producións.  Emprega as TIC para facer as súas presentacións máis claras e visualmente atractivas.

B1.6. Contidos: Valoración das producións orais emitidas cunha fonética e prosodia correcta e actitude crítica ante os prexuízos que se poidan asociar a ela.
C. de Av.: Valorar as producións emitidas cunha fonética e prosodia correcta e amosar unha actitude crítica ante os prexuízos que se poidan asociar a ela.
E. de Ap.: Aprecia a emisión dunha pronuncia correcta, recoñece os erros de produción oral propia e allea e propón solucións para melloralas. Comprende, interpreta e rexeita os prexuízos que se poidan asociar á pronuncia da lingua galega. Usa, se a posúe, a variante dialectal propia e asúmea como a variedade habitual do seu contexto. Usa, se a posúe, a variante dialectal propia e asúmea como a variedade habitual do seu contexto.

B1.7. Contidos:  Produción de discursos orais, en intervencións espontáneas, adecuados á situación e á intención comunicativa desexada, con coherencia, cohesión e corrección.
C. de Av.: Producir textos orais, en intervencións espontáneas, adecuadas á situación e á intención comunicativa desexada, con coherencia, cohesión e corrección.
E. de Ap.: Produce textos orais, en intervencións espontáneas, adecuadas á situación e á intención comunicativa desexada, con coherencia, cohesión e corrección. Participa con fluidez nas intervencións orais espontáneas. Emprega nas intervencións orais espontáneas expresións propias do galego (fraseoloxía adecuada). Emprega nas intervencións orais espontáneas un léxico rico e variado.

B1.8. Contidos: Participación activa en situacións propias do ámbito educativo (pedimento de aclaracións, intercambio de opinións e exposición de conclusións).
C. de Av.: Participar activamente en situacións propias do ámbito educativo (pedir aclaracións, intercambiar opinións e expor conclusións).
E. de Ap.: Intervén en debates e coloquios do ámbito educativo, respectando as regras de interacción. Cínguese ao tema, non divaga e atende ás instrucións da persoa moderadora nos debates e coloquios.

B1.9. Contidos: Coñecemento e aplicación de estratexias necesarias para falar en público: planificación do discurso, prácticas orais formais e informais.
C. de Av.: Aplicar técnicas e estratexias para falar en público, en situacións formais ou informais, de forma individual ou en grupo.
E. de Ap.: Elabora guións para organizar os contidos de exposicións formais ou informais breves.  Respecta os aspectos prosódicos da linguaxe non verbal (a posta en escena, os xestos e a mirada), manifesta autocontrol das emocións ao falar en público e diríxese ao auditorio con autoconfianza e seguridade.  Adecúa a súa pronuncia á finalidade da situación comunicativa. Incorpora progresivamente palabras propias do nivel formal ás súas producións orais. Analiza similitudes e diferenzas entre discursos formais e espontáneos.  Recoñece e avalía erros (repeticións de conectores, pobreza léxica e castelanismos) nos discursos orais propios e alleos e trata, progresivamente, de evitalos.

B1.10. Contidos: Construción de discursos adecuados, cohesionados e coherentes desde o punto de vista comunicativo, sobre temas de interese persoal ou social da vida cotiá e educativa.
C. de Av.: Producir discursos breves e comprensibles sobre temas da vida cotiá, de interese persoal ou social.
E. de Ap.: Participa en conversas informais nos que intercambia información e expresa a súa opinión, fai invitacións e ofrecementos, e pide e dá indicacións ou instrucións sinxelas. Desenvólvese correctamente en situacións da vida cotiá que implique solicitar unha información ou un servizo.

2005-2024
Licenza Creative Commons
ogalego.eu/ogalego.gal ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.