8

anterior

índice

seguinte

RECALADA (Manuel Antonio, De catro a catro) chegada do barco a un punto coñecido da costa

8º poema do libro. Despois das intencións, o barco, a travesía, a contemplación, a soidade, o afogado, a garda, vén agora a parada nun porto.

...Atoparemos no peirán no peirao, onde se embarca e desembarca
as follas evadidas eludidas, evitadas, perdidas
do almanaque dos nosos soños almanaque
Os soños dos mariñeiros son como follas dun calendario que se perderon e pensamos atopalos ao desembarcar no peirao, por iso o tempo futuro

...As novas rúas de sempre moitas veces no libro repite sempre e mesmo: sensación de monotonía
exhibirán o escaparate mostrarán o trinque
das mesmas noivas inéditas inédito: sen publicar, descoñecido.
novas+de sempre, mesmas+inéditas é un oxímoron (repetido) ou unión de conceptos contraditorios

As prostitutas (noivas inéditas) que se mostran nas rúas do porto sempre son iguais, non rompen a monotonía

...Fumaremos nas pipas despectivas fumar en pipa é típico do mariñeiro nas horas de lecer; despectivo: que denota desprezo
tódalas transeúntes transeúnte: que está de paso nun lugar
hostilidades mudas hostilidade: actitude hostil, pouco amiga
Fumaremos e pasearemos calados e cheos de agresividade calada

...O vaso desbicado noutro porto desbicado: comezado, encetado
rematarémolo aquí no mesmo bar todas as recaladas e as travesías son similares, o mesmo bar/vaso
...cabo do mariñeiro descoñecido cabo de: ao lado de
...que nos repite o mesmo de novo mesmo. Mariñeiro descoñecido: parodia do soldado descoñecido?
ubicuo sorriso louro ubicuo: que está en todos os sitios, omnipresente. De novo a cor loura xa aplicada ás estrelas
Seguiremos bebendo como en calquera porto, rodeados dos mesmos mariñeiros descoñecidos

Nos bordeis xa saben tempo presente, habitual, repetido. O burdel exclúe o sentimentalismo
que a nosa moeda a moeda e as súas caras xa apareceran en Travesía
ten o anverso de ouro anverso: cara principal da moeda
e o reverso sentimental reverso: cara secundaria da moeda
As prostitutas xa coñecen as nosas necesidades e os nosos sentimentos

...Os ecos imprevistos os sons novos
do noso cantar somnámbulo somnánbulo: que mentres dorme é capaz de facer cousas que logo non lembra
apagarán os focos da madrugada
As nosas cancións nocturnas e somnolentas chegarán ata a madrugada, apagarán os farois da iluminación ou a luz dos astros

...Mañán espertaremos
na ausencia desta xornada
...Esquivouse unha folla esquivar, sinónimo dos xa aparecidos noutros poemas extraviar, perder, desviar, evadir
do diario efusivo efusivo: afectuoso, sentimental
Cando mañá espertemos, xa todo pasou e perdemos unha folla máis do noso diario sentimental

...Eramos os espectadores
na prestidixitación prestidixitación: ilusionismo, arte de conseguir aparentes efectos inexplicábeis
dunha hora artificial.
Todo foi artificial, inventado, xogos malabares dos que eramos meros espectadores, non protagonistas.
A recalada non chegou a producirse, era unha ilusión (prestixitación)

Seguimos no ambiente nocturno do libro, agora en terra. Mais a terra non vai supoñer ningunha novidade, non rompe a monotonía xeral, a sensación de repetición e de anulación do tempo, non é máis ca outra ilusión na travesía

Trazos da poética máis tradicional:
-Imaxes ligadas á realidade: almanaque.
-Suxeito poético nós.

Trazos máis vangardistas:
-Imaxes vangardistas: prestidixitación ...
-Léxico culto: ubicuo. Non hai léxico mariñeiro, está en terra.
-Ausencia de ritmo.
-Ausencia de signos de puntuación.
-A disposición gráfica: a última estrofa.

Contribúe co teu comentario ou suxestión

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel

Véxase agora o poema de Manuel Antonio na súa versión orixinal:

Recalada

...Atoparemos n-o peirán
as follas evadidas
d'o almanaque d'os nosos soños
...As novas ruas de sempre
eishibirán o escaparate
d'as mesmas noivas inéditas
...Fumaremos n-as pipas despeitivas
todal-as transeúntes
hostilidades mudas
...O vaso desbicado n-outro porto
remataemol-o eiquí n-o mesmo bar
...cabo d'o mariñeiro desconecido
...que nos repite a mesma
ubicua sorrisa loira
N-os burdeles xa saben
que a nosa moeda
ten o anverso de ouro
e o reverso sentimental
...Os ecos imprevistos
d'o noso cantar sonámbulo
apagarán os focos d'a madrugada
...Mañán despertaremos
n`-a ausenza d'esta xornada
...Esquivouse unha folla
d'o diario efusivo
...Eramol-os espeutadores
n-a prestidixitación
d'unha hora artificial.

Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010


Peirán

Rianxo