... AO AFOGADO (Manuel Antonio, De catro a catro) -publicado en 1916 como: Ao mariñeiro afogado-
6º poema do libro. Despois das intencións, o barco, travesía, contemplación, soidade, vén agora o mariñeiro afogado. Utilizando o ti apelativo o poeta dialoga co afogado (desdobramento de si mesmo) e vaille enumerando as perdas que a morte conleva.
...Xa che levaran os ollos
...relingadores de lonxanías relinga: cabo que contorna as velas para aferrar os panos ou as redes de pesca; relingar: coserlle as relingas a unha vela
e pescadores de profundidades
A perda da vista, dos ollos que miran ao lonxe e ao fondo (lonxanías e profundidades), ollos devorados polas profundidades. Perda do elemento visual
...Xa che levaran a voz
...asolagada na furna xiróvaga a voz perdeuse na cova que xira como un remuíño
por onde escoan as tempestades na que escorren, esvaran as tempestades
Tamén se perdeu a fala, a súa voz como se a levase un remuíño nunha furna. Perda do elemento auditivo
...Xa che levaran os azos a forza, os ánimos, os alentos
...enmallados na rede sonora enmarañados na rede sonora porque zoa o vento
das cordaxes erectas nos cabos e cordas estirados
Tampouco queda a vida, os ánimos, a forza. Perda do elemento anímico
...O vento aínda escovaba escovar: cepillar ou varrer
coas poutas de escuma poutas: uñas curvas e afiadas das aves de rapina. De escuma: cor branca (panos, velas, goletas...)
...na xerfa xerfa: superficie escumosa do mar próxima á costa, orixinada polo bater das ondas
..............máis cadaleitos cadaleitos
O vento tampouco é vida, está asociado á morte, angaza cadáveres no mar. É unha imaxe de lecura múltiple ou polipétala (vangardas)
...Ías xuntando soidades a continua soidade
..
. PPor un burato do Mar o Mar sempre con maiúscula, un mar cheo de buratos
chopaches un día a buscarte chopar: mergullarse, somerxerse
Anegado pola soidade tentache atoparte a ti mesmo mergullándote no mar ata a morte, o suicidio: o afogado búscase no mar
...A noiva goleta goleta: veleiro lixeiro con dous ou tres mastros
...enloitada de branco contradición: a vela branca da noiva, agora de loito polo morto, o barco é a noiva do afogado
...que cose rutas esquencidas de novo a imaxe do barco que vai cosendo no mar ao navegar, deixando o fío, o ronsel (rutas perdidas, extraviadas)
...acena no vento as súas velas acenar: facer sinais
como ese pano das despedidas. o pano branco utilizábase nas despedidas, agora as velas brancas despiden ao afogado
As tres primeiras estrofas son paralelísticas e anafóricas, tres imaxes nas que se nega a vida e o espazo. A soidade non deixa máis remedio que a morte e o suicidio, o vento non trae máis que cadáveres que son despedidos polas velas -noivas enloitadas-. É o único poema no que non aparece o nós poético
Todas as estrofas están en pasado menos a última en presente.
Trazos da poética máis tradicional: -Imaxes ligadas á realidade: goleta, vela . -Restos de rima: goleta-velas... esquencidas-despedidas -Anáfora nas primeiras estrofas: xa che levaran -Certo ritmo nas estrofas anafóricas |
Trazos máis vangardistas: |
Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel
Véxase agora o poema de Manuel Antonio na súa versión orixinal:
... Ao afogado ...Xa che levaran os ollos |
Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010