5

anterior

índice

seguinte

SOS (Manuel Antonio, De catro a catro): o título xa nos indica o argumento, a trama do poema. Todo o texto é como unha longa presentacións de diapositivas de fondo marítimo e dedicadas á soidade

5º poema do libro. Despois das intencións, o barco, travesía, a contemplación, vén o poema da soidade. Un dos grandes poemas da literatura galega, á par de Negra sombra.
Tempos en presente para expresar a soidade actual e en pasado para as continuas perdas.

...Fomos ficando sos
o Mar o barco e mais nós
A progresiva soidade do poeta, só o acompaña o Mar (en maiúsculas) e o barco, os símbolos principais do libro. O poeta parte na travesía e só ten a compañía destes dous elementos, a terra queda lonxe. Suxeito plural, como en varios dos poemas anteriores, a soidade do poeta faise soidade de todos.

...Roubánronnos o Sol o Sol é a luz, a vida, e xa non o temos, é a primeira perda
...O paquebote esmaltado como se fose un barco brillante, un sol sen luz propia; paquebote: barco de vapor que fai o servizo de correo e pasaxeiros (non é un veleiro)
que cosía con liñas de fume que vai deixando polo mar liñas de fume. No libro repítese a imaxe de coser con
áxiles cadros sen marco facendo debuxos pola inmensidade do mar, sen límites, inacabados
Ambiente nocturno, non hai luz solar

...Roubáronnos o vento o vento é o que move o barco veleiro, é o movemento, o alento; a segunda perda.
...Aquel veleiro que se evadiu é como un veleiro que se perdeu
pola corda frouxa do horizonte polo fráxil horizonte que non é unha liña sostida, retórcese, é branda . Versos homenaxeados polo Colectivo Ronseltz
Quietude, non hai movemento do barco veleiro pola ausencia de vento

...Este océano desatracou das costas o océano abandonou as costas, convertido en barco, a terra queda lonxe, abandonounos, a 3ª perda
...e os ventos da Roseta Roseta: outro dos nomes da Rosa dos Ventos que é constituída por 4 Puntos Cardeais, 4 Puntos Colaterais, Puntos Sub-Colaterais, ata 32 puntos correspondente á dirección dos ventos, era a guía dos mariñeiros na travesía
orientáronse ao esquenzo estamos perdidos e desorientados, nunha total calma Esquenzo: esquecemento (neoloxismo)

...As nosas soedades a soidade é irremediábel e
veñen de tan lonxe completa. Cambio de tempos, dos pasados aos presentes; estes consecuencia daqueles
como as horas do reloxo como a monotonía do tempo, as horas que non pasan, o tempo que non avanza

...Pero tamén sabemos a manobra coñecemos a manobra, estamaos preparados para
dos navíos que fondean que botan a áncora para quedaren parados; fondear. Polo que están parados, sen movemento
a sotavento dunha singradura sotavento: lado contrario a onde sopra o vento. singradura: camiño que percorre a nave. Sen vento e parados. Nesta metáfora o barco queda quieto, fondeado en ningures, como o poeta fica varado nun mar de soidade sen ninguén preto nin porto no que atracar.

...No cuadrante estantío das estrelas na disposición estática das estrelas; cuadrante. No ambiente nocturno só se ven as estrelas queitas
ficou parada esta hora: o tempo quedou parado; volve o tempo en pasado
...O cadáver do Mar a idea de morte asociada ao mar: eu+barco+morte
fixo do barco un cadaleito o barco coma un cadaleito que leva dentro a morte e o poeta; ou o cadaleito/barco leva dentro o cadáver do Mar, un mar interior, do noso corazón . El é un cadáver en vida que está pechado coas súas soidades no barco?

.....Fume de pipa......... Saudade o fume da pipa asociado á quietude, ao descanso
.....Noite...... Silencio.... Frío as sensacións do poeta na navegación
.....E ficamos nós sos a soidade total (Curiosidade? Sinn Fèin, nome do movemento nacionalista irlandés significa en gaélico nós sos)
.....Sen o Mar e sen o barco xa non acompañan os elementos iniciais do poema
.....nós. a soidade é absoluta, unicamente o poeta consigo mesmo
xustaposición de imaxes, elimínanse os verbos e a economía verbal aporta unha grande carga expresiva

Longa enumeración de abandonos desde as primeiras referencias paisaxísticas, expresión sintética que reforza a idea de soidade absoluta: o título e a última palabra: sos ... nós ou nós sos (antepenúltimo verso)  

Trazos da poética máis tradicional:
-Presenza do suxeito poético nós: fomos, nós, etc.
-Imaxes ligadas á realidade: sol, vento.
-Restos de rima: sós-nós-sol.. lonxe-reloxe
-Anáfora nas primeiras estrofas: roubáronnos
-Certo ritmo nas estrofas anafóricas

Trazos máis vangardistas:
-Imaxes vangardistas, xustaposición de imaxes
-Léxico extrapoético mariñeiro: paquebote, Roseta, fondean, cuadrante .
-Ausencia de ritmo, prosaico na segunda parte do poema.
-Ausencia de signos de puntuación.
-A disposición gráfica na estrofa final.

Contribúe co teu comentario ou suxestión

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel


EXTRAS:

1. Poema cantado por Emilio Cao e Milladoiro

2. Versión do grupo de mozos pontevedrés Aerials en maio de 2013

3. A Trabe de ouro (TVG). Voz de Víctor Freixanes recitando o poema e Luísa Castro falando de Rianxo 

4. Fermosa versión collida de YouTube

5. Versión de Barahúnda, Múdanse os ventos


Véxase agora o poema de Manuel Antonio na súa versión orixinal:

Sós

. ..Fomos ficando sós
o Mar o barco e mais nós

...Roubanron-nos o Sol
...O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco

...Roubaron-nos o vento
...Aquel veleiro que se evadeu
pol-a corda floxa d'o horizonte

...Este oucéano desatracou d'as costas
...e os ventos d'a Roseta
ourentaron-se ao esquenzo
...As nosas soedades
veñen de tan lonxe
como as horas d'o reloxe
...Pero tamén sabemos a maniobra
d'os navíos que fondean
a sotavento d'unha singladura

...N-o cuadrante estantío d'as estrelas
ficou parada esta hora:
...O cadavre d'o Mar
fixo d'o barco un cadaleito

.....Fume de pipa......... Saudade
.....Noite...... Silenzo.... Frio
.....E ficamos nós sós
.....Sin o Mar e sin o barco
.....nós.

Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010