4

anterior

índice

seguinte

OS CÓBADOS NO VARANDAL (Manuel Antonio, De catro a catro) varandal apoiado cos cóbados na balaustrada, na reixa de ferro, en actitude contemplativa

4º poema. Despois das intencións, o barco, travesía, o poeta apóiase na varanda e ... contempla a inmensidade do Mar, pensa no Sol que vai saír, nas estrelas e na lúa, nos paxaros que planean, nas nubes, no ronsel. Estes son os elementos que ve desde a varanda e lle van suxerindo as imaxes que outra vez reflicten a súa soidade.
Tempo presente e futuro.

...Atopamos esta madrugada suxeito lírico nós
...na gaiola do Mar o Mar -con maiúscula- é como unha gaiola que atrapa, é un espazo pechado, a gaiola é unha arte de pesca que se deixa de noite no mar
...unha illa perdida (1) Na nota o poeta explica o por que desa sensación de soidade pola limitación do espazo. A nota a pé un elemento extrapoético
Comeza cun presente atopamos. Segue o ambiente nocturno, a madrugada, o extravío (perdida)

...Armaremos de novo a gaiola tempo futuro; prepararemos a trampa
...Vai saír o Sol acabará noite
improvisado e desorientado outra vez a imaxe de desorientación, de perda de rumbo, o sol non orienta

...Xa temos tantas estrelas os astros
e tantas lúas submisas a lúa mansa, acompañan
que non caben no barco nin na noite durante a noite o poeta

...Xuntaremos paxaros sen xeografía os paxaros descoñecidos, sen xeografía, sen situar no mapa
para xogar coas distancias que desde a distancia
das súas ás ampliadoras planean no horizonte; as aves que percorren enormes distancias, abrazan os mares

...E os adeuses das nubes agora son as nubes (brancas) que temén din adeus
...mudos e irremediables despídense sen remedio: ausencia, separación

...E armaremos unha rede de ronseis
para recobrar as saudades
coa súa viaxe feita
polos océanos do noso corazón. Hai un mar exterior e un mar dentra de cada quen
Co ronsel (a pegada de escuma que vai deixando o barco no mar) do barco prepararemos unha rede para recobrar as saudades, as lembranzas e ilusións que viaxaron polo noso corazón como o barco polo mar e que tamén queren fuxir.

(1) O mar adentro é unha illa de auga rodeada de ceo por todas partes

Neste poema o Mar está visto desde unha perspectiva moderna, o mar que é vida convértese nunha gaiola, en falta de liberdade. Na inmensidade do mar é onde un se sente máis só, máis pechado en si mesmo.

Poema cantado por Maite Dono

Trazos da poética máis tradicional:
-Presenza do suxeito poético nós: atopamos, noso corazón, etc.
-Imaxes ligadas á realidade: sol, paxaros.
-Restos de rima: gaiola-amplexadora, irremediabes-saudades

Trazos máis vangardistas:
-Imaxes vangardistas, xustaposición de imaxes
-Léxico extrapoético: ronsel, armar a rede.
-Ausencia de ritmo, prosaico.
-Ausencia de signos de puntuación.
-A nota a pé de páxina. Introdución de elementos ensaísticos extrapoéticos

Contribúe co teu comentario ou suxestión

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel

Véxase agora o poema de Manuel Antonio na súa versión orixinal:

Os cóbados n-o barandal

...Atopamos esta madrugada
...n-a gayola do Mar
...unha illa perdida (1)
...Armaremos de novo a gayola
...Vai a saír o Sol
improvisado e desourentado
...Xa temos tantas estrelas
e tantas luas sumisas
que non caben n-o barco nin n-a noite
...Xuntaremos paxaros sin xeografía
pra xogar c'as distanzas
d´as suas áas amplexadoras
...E os adeuses d'as nubes
...mudos e irremediabes
...E armaremos unha rede de ronseles
pra recobrar as saudades
c'o seu viaxe feito
pol-os oucéanos d'o noso corazón.

(1) O mar adentro é unha illa d' auga rodeada de ceo por todas partes

Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010