3

anterior

índice

seguinte

TRAVESÍA (Manuel Antonio, De catro a catro): viaxe marítima

3º poema de De catro a catro. Despois das intencións e do veleiro, a protagonista é a travesía, a viaxe marítima do poeta. Esta travesía vaise identificar coa propia vida del e vai ser repetitiva e cíclica.

...Troqueis reiterados troqueis: cuños para marcar as moedas; repetidos
...o reloxo e o Sol os dous marcan o paso do tempo na travesía
. Obsérvese a maiúscula de Sol
acuñaron moedas efémeras as horas son como moedas; efémeras: que duran moi pouco
que repetían todas
a mesma cara e a mesma cruz monotonía, sempre son iguais non hai novidade. No pemario repítese continuamente a palabra mesmo/a para reforzar esa idea de que non hai nada novo
Todos os días son iguais, nada varía.

...A costa e o Mar o Mar, sempre con maiúscula por ser o protagonista da travesía.
escamotearon unánimes dorsos escamotear: roubar, eludir. Dorso: parte posterior do curpo humano. Outra personifiación que pode vir dada pola visión que ofrecen as costas desde o barco
...permutadores da mesma intercambiadores. Outra vez mesma
lonxincua evasión lonxincua: afastada. Non hai saída, non hai espazos
O Mar, a costa son sempre o mesmo e róubannos a posibilidade de evadirnos. Ou o mar e a costa desapareceron unanimemente e o barco queda nunha navegación baleira e inédita

...Temos un estrangulado diagrama diagrama representación gráfica dunha serie de datos, estatísticas, etc. Navegación caótica: estrangulado
repasado por tódolos novelos de horizonte o horizonte é coma un novelo de fío que se vai envolvendo
que viraron a proa e a Rosa dos Ventos proa: parte dianteira do barco. A Rosa dos Ventos é constituída por 4 Puntos Cardeais, 4 Puntos Colaterais, Puntos Sub-Colaterais, ata 32 puntos correspondente á dirección dos ventos, era a guía dos mariñeiros na travesía
non hai mapa, estamos extraviados

...Na fasquía dos barcos anónimos fasquía: traza, aspecto. No aspecto dos barcos sen nome
postos a flote pola madrugada que reaparecen coa luz do día que ilumina as velas
...extraviados no roteiro do serán e desapareceran ao serán coa falta de luz. Roteiro: itinerario marítimo
...persistiron sempre
a mesma foula e o mesmo ronsel foula: escuma que levanta o barco pola proa ao navegar. Ronsel: a pegada de escuma que vai deixando o barco no mar (antes a mesma cara e a mesma cruz, agora a mesma foula e o mesmo ronsel)
persistir, sempre, mesma, mesmo: monotonía, estatismo, nada cambia, todo se repite decote

...Ese intertroque de radiogramas o intercambio de mensaxes de radiotelegrafía, de radiogramas
que reeditaron os faros e as estrelas entre as luces dos faros e das estrelas
...dounos a multiplicación monótona non aporta nada novo, sempre monótono e igual
das mesmas letras do mesmo morse . Morse: código usado nas mensaxes de telegrafía. Nova repetición de mesmo; estatismo (antes a mesma cara e a mesma cruz, despois a mesma foula e o mesmo ronsel, agora as mesmas letras e o mesmo morse)
Seguimos extraviados, sen comunicacións por seren sempre iguais e monótonas

...Foi a derradeira rafada do vento foi o vento
quen nos esfollou de tódalas lembranzas? quen nos levou o noso pasado, quedamos sen lembranzas. Xa en Intencións, poema 1, aparece a imaxe de esfollar. Interrogación retórica
Aumenta a sensación de soidade, xa non temos nin o pasado

...O Mundo con maíúscula e personalizado
...............que xa non sabe
mais que repetir unha volta consabida o mundo segue a dar volta tras volta, sempre igual
...rachou clandestinamente xa non temos ilusións
as follas imprevistas dos almanaques almanaques do que nos pode deparar o futuro (almanaque mariño)

...Coas nosas mans suicidas referencia negativa, o suicidio, a morte, a falta de norte
...espallaremos no carroussel dos ventos carroussel; deixarémonos levar polo vento
os catro puntos cardinais en calquera dirección
...Mentres
..............o timonel timonel
arrombará proa a Ningures ... dirixirá o barco cara ningunha parte; estamos perdidos. Atención á maiúscula de Ningures, coma en Sol, Mar, Mundo..
A desorientación é total: os puntos cardinais a mercé dos ventos, o timonel pon proa a ningures

Repetiremos os cansos corazóns repetidamente os nosos corazóns están cansos
cronometrando monotonías non fan máis que contar o tempo que non pasa, a monotonía

...Nas velas indecisas personificación das velas que non se moven
...follea o vento un indelébel indelébel: que non se pode borrar ou apagar
álbum de leit-motivs expresión alemá que significa motivo central, idea que se repite nunha obra. O vento vai movendo as follas dun álbum no que quedaron gravados os motivos, os sentimentos

...O minuteiro o reloxo, o tempo real
....................(tic-tac) co seu monótono e continuo tic tac. Ton humorístico
asumiu o compás das travesías. faise o dono da viaxe, das vivencias no interior do poeta

Poema rematado por un pretérito -asumiu- para pór un final absoluto á idea de tedio, aburrimento. Desde o principio hai un xogo de tempos: presente, pasado e futuro; toda a travesía.

Trazos da poética máis tradicional:
-Presenza do suxeito poético nós: temos, dounos, etc.
-Imaxes ligadas á realidade: reloxo, sol.
Trazos máis vangardistas:
-Imaxes vangardistas, xustaposición de imaxes
-Léxico extrapoético. Léxico mariñeiro: Rosa dos Ventos, foula, arrombar proa. Léxico culto: dorso, lonxincua . Léxico técnico: diagrama, radiograma. Estranxeirismos: carroussel, leit-motiv
-Ausencia de ritmo, prosaico.
-Ausencia de signos de puntuación.
-Disposición gráfica: colocación dos versos: o timonel.
-Elementos extrapoéticos: parénteses
-Onomatopeas como: tic, tac
- Humorismo, ironía: rafada de vento, clandestinamente
Contribúe co teu comentario ou suxestión

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel

Véxase agora o poema de Manuel Antonio:

Travesía

...Troqueles reiterados
...o reloxe e o Sol
alcuñaron moedas efímeras
que repetían todas
a mesma cara e a mesma cruz
...A costa e o Mar
escamotearon unánimes dorsos
...permutadores d'a mesma
lonxincua evasión
...Temos un estrangoado diagrama
repasado por todol-os novelos d'horizonte
que viraron a proa e a Rosa d´os Ventos
...N-a fasquía d'os barcos anónimos
postos a flote pol-a madrugada
...estraviados n-o roteiro d'o serán
...persistiron sempre
a mesma foula e o mesmo ronsel
...Ese intertroque de radiogramas
...que.reeditaron os faros e as estrelas
...
dou-nos a multiplicación monótona
d'as mesmas letras d'o mesmo morse
...Foi a derradeira rafega d'o vento
quen nos desfollou de todal-as lembranzas?
...O Mundo
...............que xa non sabe
mais que repetir unha volta consabida
...rachou clandestinamente
as follas imprevistas d'os almanaques
...C'as nosas mans suicidas
...espallaremos n-o carroussel d'os ventos
os catro puntos cardinais
...Mentras
..............o timoel
arrumbará proa a Ningures
...Repetiremol-os cansos corazóns
cronometrando monotonías
...N-as velas indecisas
...follea o vento un indelébel
álbum de leit-motiws
...O minuteiro
....................(tic-tac)
asumeu o compás d'as travesías.

 

Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010