2

anterior

índice

seguinte

A FRAGATA VELLA (Manuel Antonio, De catro a catro) fragata: barco de tres paos con vergas (horizontais, que amarran a vela)

No segundo poema o protagonista é o barco veleiro que vai acompañar o poeta na travesía, outra vez se identica co barco. Por iso se dirixe a el cun ti apelativo: tes, levas, floreceches. Pero xa é un barco vello, o tempo que pasa, por iso os vellos mariñeiros. Nel está todo o pasado, é onde navegan os seus sentimentos. No anterior predominaban os futuros, neste os presentes-pasados-presentes

...Tes os ollos distantes a mirada lonxe. Personifiacación do barco
decorados de rostros xoviais están lonxe os tempos mozos
...que os vellos mariñeiros agora vellos mariñeiros
permutaron polos climas antípodas que viaxaron polo mundo. Antípodas: partes opostas do globo terráqueo. Os mariñeiros déronlle ao barco a mocidade e alegría. El deulles experiencias e travesías.

...Levas no leme leme a dirección marcada
un pulo de brazos tensos a forza dos brazos rexos
que retorceron os largacíos que te levaron polos estensos (largacíos)
horizontes do mar continúa a identificación co barco e a vida

...O vento o vento que fai posíbel a navegación do veleiro tamén vai deixando gravado o paso do tempo nas velas
..............atortorando dando unha ligada ou tortor coa axuda da máquina do mesmo nome. tortor: cada un dos cabos con que se ligan os navíos
...esfollou dos velames o vento arrincou das velas do barco
outonos de mocidades a mocidade, o tempo pasa cara ao outono
(tópico da caída da folla no outono)

...Mercabas colares circunmeridianos imaxe vangardista na que xoga coas constelacións: colares envolventes como os meridianos
nos bazares de estrelas viaxes nocturnas, seguindo o rumbo marcado polas estrelas; bazar

...Amarrabas faros dispersos
co simblador calabrote do ronsel simblador: que vibra. Calabrote: cabo forte formado por cordas do mesmo grosor; ronsel: o rastro que vai deixando o barco no mar
O ronsel (rastro) do barco vai unindo as luces dos faros que van aparecendo, é como se a saudade (o que queda) fose tamén unindo o tempo.

...Floreciches no Mar a escuma do barco é branca coma as flores de primavera. Repárese na maiúscula de Mar
primaveras amargas contradición: o pasado tamén amargo, negativo (lembrar o anterior outonos de mocidades)
de foulas e escamallos foula: a escuma que ergue o barco pola proa ao avanzar + restos de escamas, peixe, etc. (escamallos)
Outra visión negativa do paso do tempo, da travesía

...Inda que o vento encalme aínda que estea a mar en calma
...tremela nas túas velas tremen nas túas velas
unha rafada de transmigracións as travesías do barco. Transmigración: paso dun país a outro, dun corpo a outro. Tempo circular, vida e morte
Aínda que semella estar en calma, dentro está o pasado. Comezan as referencias ao estatismo, tan abundantes no libro

...Nese teu corazón innumerábel innumerábel: común, dos mariñeiros
...tamén enchen e devalan subir e baixar a marea. Movemento pendular, rítmico
as mareas do meu corazón. as mareas moven o barco, os sentimentos, o corazón
Nesta última estrofa é clara a identificación do poeta (o teu e o meu corazón) co barco

Xosé Luís Axeitos relaciona este poema coa visita do poeta a un barco vello que Don Augusto Lustres pensaba amañar

Trazos da poética máis tradicional:
-Presenza do suxeito poético eu. No final.
-Vestixios de rima: mariñeiros, tensos, vento // atortorando, velamios, mocedades .
-Imaxes ligadas á realidade: os faros.
Trazos máis vangardistas:
-Imaxes vangardistas xustapostas
-Léxico extrapoético. Léxico mariñeiro: leme, atortorando, calabrote, foula, escamallo . Léxico culto: antípodas, circunmeridiáns, transmigracións .
-Ausencia de ritmo, prosaico.
-Ausencia de signos de puntuación.
-Disposición gráfica, colocación dos versos: atortorando.
Contribúe co teu comentario ou suxestión

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel

Véxase agora o poema de Manuel antonio na súa versión orixinal:

A fragata vella

...Tel-os ollos distantes
decorados de rostos xoviaes
...que os vellos mariñeiros
permutaron pol-os climas antípodas
...Levas n-o leme
un pulo de brazos tensos
que retorceron os largacíos
horizontes d'o mar
...O vento
..............atortorando
...desfollou d'os velamios
outonos de mocedades
...Mercabas colares circunmeridiáns
n-os bazares d'estrelas
...Amarrabas faros dispersos
c'o simblador calabrote d'o ronsel
...Floreceches n-o Mar
primaveiras amargas
de foulas e escamallos
...Inda que o vento encalme
...tremela n-as tuas velas
unha rafega de transmigracións
...N-ese teu corazón innumerábel
...tamén enchen e debalan
as mareas d'o meu corazón.

Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010