ADEUS (Manuel Antonio, De catro a catro) despedida

19º poema do libro e último. Despois das intencións, o barco, a travesía, a contemplación, a soidade, o afogado, a garda, o peirao, o bar, a balada, o cartafol do vento, a canción, a estrela, a calma, a descuberta, o lecer, o SOS, a outra cara da noite, vén finalmente o adeus, o final da travesía.

No final da travesía o poeta chega a terrra, mira para a baía e bota de menos o veleiro. Despídese del (o adeus, a despedida xa aparecía en moitos dos poemas do libro)

...Entre a calima calima: brétema, néboa
...........................transpondo o meu ollar ocultándoseme á vista. Suxeito eu
...esquivouse o velame perdeuse o veleiro
...Deixounos a baía suxeito nós
chea da súa ausencia deixounos o seu baleiro, botámolo en falta
e a mañá sen perspectiva a mañá sen ilusións. Xa non é de noite como no resto do poemario
á mañá estamos xa sen o barco e as súas velas

...Agora en terra xa está en terra
...arredado de min mesmo desdobrado e afastado de si mesmo
por un océano de singraduras singradura: a travesía do barco
...o vento da Ría agora é o vento da Ría, non do Mar, o impulso vital da terra. Noutro poema do libro falou de Vigo (lonxe) agora dunha ría... Vigo ou Rianxo?
vai virando a folla de cada emoción o que vai movendo as emocións. De novo as follas que move o vento, agora o da ría
Xa en terra revive as emocións

...-O Sol indiferente indiferente ao vento?
...Serea augardentosa dos vapores vapores: barcos a vapor. Metáfora vangardista, atrevida

...Un retraio de fume un resto de fume de barco de vapor
no rompeolas da paisaxe no quebra ondas do porto
...As engrenaxes da grúa engrenaxe: conxunto de pezas mecánicas con rodas dentadas; grúa: guindastre
esmoen a mañán morna- a mañá desgastada despois da travesía
Diferentes imaxes do porto, da terra: o Sol como serea bébeda dos barcos, un resto de fume, os guindastres. Todo entre guións

...Debaixo dos meus pasos volve o eu poético
xorde o ronsel da Vila natal antes tentaba salvalo o barco, agora é a terra, a vila natal; ronsel: o rastro que vai deixando o barco no mar. A vila compórtase coma antes o barco
...Ela cos seus brazos cheos de sono como se o collese no colo (noutros poemas tamén aparecían os brazos salvadores)
teima salvarme dun naufraxo antigo e tentase salvalo dese fracaso antigo, que vén de vello, que xa aconteceu
...E os meus ouvidos incautos incautos: inxenuos, imprudentes
queren dormir no colo e os seus oídos queren escoitar as cantigas de tempos pasados
das cantigas vellas para procurar consolo
a viña (Rianxo?) como salvadora dun fracaso que xa pasou

...Eu cacheaba tódolos segredos
das miñas mans baldeiras buscaba nas miñas mans, agora baleiras, sen nada
...porque algo foi que se perdeu no Mar todo aquilo se se quedou no Mar, na travesía

....... alguén que chora dentro de min
por aquel outro eu desdobramento, o eu presente e o eu que quedou no barco, no veleiro
que se vai no veleiro
...........................pra sempre que xa non volverá nunca, como se estivese morto
...........................coma un morto
co peso eterno de tódolos adeuses. a continua despededida ao longo do libro

Non hai un regreso definitivo, hai un eterno retorno, unha peregrinación inacabábel, sempre un está a chegar e outro a partir.

Poema cantado por Emilio Cao

Trazos da poética máis tradicional:
-Presenza do suxeito poético nós/eu.
-Vestixios de rima: badía-perspeitiva-Ría.
-Imaxes ligadas á realidade: grúas.
Trazos máis vangardistas:
-Imaxes: serea augardentosa.
-Léxico mariñeiro: velame, singradura, rompeolas, ronsel.
-Ausencia de ritmo, prosaico.
-Ausencia de signos de puntuación.
-Disposición gráfica: pra sempre.
Contribúe co teu comentario ou suxestión

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel

Véxase agora o poema na súa versión orixinal:

Adeus

...Antre a calima
...........................traspondo o meu ollar
...esquivou-se o velamio
...Deixou-nos a badía
chea d'a sua ausenza
e a mañán sin perspeitiva

...Agora en terra
...arredado de mín mesmo
por un oucéano de singladuras
...o vento da Ría
vai virando a folla de cada emoción

...-O Sol indiferente
...Sirena augardentosa d'os vapores
...Un retrayo de fume
n-o rompeolas d'o paisaxe
...Os engranaxes d'a grua
esmoen a mañán morna-

...Debaixo d'os meus pasos
xurde o ronsel d'a Vila natal
...Ela c'os seus brazos cheos de sono
teima salvar-me d'un naufraxo antigo
...E os meus ouvidos incautos
queren dormir n'o colo
d'as cantigas vellas

...Eu cacheaba todol-os segredos
d'as miñas mans valdeiras
...porque algo foi que se perdeu n'o Mar

.......alguén que chora dentro de mín
por aquel outro eu
que se vai n-o veleiro
...........................pra sempre
...........................coma un morto
c'o peso eterno de todol-os adeuses.

Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010