ma

anterior

índice

seguinte

BALADA DO PAILEBOTE BRANCO (Manuel Antonio, De catro a catro) balada: composición musical de caracter íntimo; pailebote: pequena embarcación con dous paos de goleta. É un veleiro branco polas velas. Historia dunha travesía marítima

10º poema do libro. Despois das intencións, o barco, a travesía, a contemplación, a soidade, o afogado, a garda, o peirao, o bar, vén agora unha balada.

Estrutura circular como unha canción: comeza e acaba co mesmo: historia do piloto, gavieiro, rapaz. O barco conta unha historia pero a del non a sabe ninguén.

......Escoitabamos o vento
......ríndose malévolo malévolo: mal intencionado, que engana. O vento está animado, rise.
debaixo do seu disfrace o vento, impulso vital, engana e non sopra

......E tamén contou o barco o barco personalizado, conta historias dos tripulantes e non ao revés
a historia do piloto
a do gavieiro e a do rapaz gavieiro: o mariñeiro que vixía desde a gavia -plataforma instalada no mastro principal-; rapaz: grumete
Ironía, o vento rise das historias dos tripulantes
.....
......
Vós xa sabedes todo
o público que escoita as historias
......Iso que din as estampas os debuxos e historias
do libro de Simbad Simbad: o mariñeiro das Mil e unha noites, protagonista de aventuras
, xa citado no poema Intencións. Cita literaria
......Pero el contounos o resto
......"Estreaba o horizonte comeza a historia de aventura
s. Comezo típico dunha narración, citación a modo de colaxe
unha largacía audaz"... largacía: liña estensa
A típica historia mariñeira

......O barco foi percorrendo cesa a voz do barco; repetición temporal
as cicatrices sentimentais restos do pasado, sentimentos gravados no barco
que lle deixaron vellos navegantes vidas xa pasadas
......E os adeuses que leva na vela a vela branca é símbolo do adeus como o pano branco das despedidas
......gravados por miradas a despedida tan repetida no libro
tristes definitivas e distantes
......Un día fíxose ao mar un día partiu
coa parola ceifada nos beizos coa palabra cortada, segada nos beizos; perda da fala, da vida
......E xa nunca volveu outra vez o extravío, perda, naufraxio
Unha historia fracasada

......Agora eu busco un vello mariñeiro reaparece a 1ª persoa
......ou unha historia do pailebote branco pailebote pequena embarcación con dous paos de goleta. É un veleiro.
......ou calquera outra cousa ... busca unha ilusión
...........................................¿que sei eu! a pregunta queda pendurando colocada á dereita do poema e cos dous signos, interrogación e admiración
O poeta busca unha ilusión, unha historia

......Escoitábamos o vento retoma os versos do inicio como unha balada ou canción
......ríndose malévolo o engano do vento
......debaixo do seu disfrace
......Pero a historia do pailebote branco
non a sabía o piloto
......nin o gavieiro
......nin o rapaz. negación da posíbel ilusión

Remata co desengano do mundo, como se esa historia non existira nunca.

Trazos da poética máis tradicional:
-Suxeito poético nós:escoitábamos.
- Restos de rima: disfraz-rapaz-Simbad.
-Algo de argumento na historia contada.

Trazos máis vangardistas:
-Ausencia de puntuación.
-Léxico culto: malévolo. Léxico mariñeiro: gavieiro, pailebote .
-A disposición gráfica: ¿que sei eu!

Contribúe co teu comentario ou suxestión

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel

Véxase agora o poema de Manuel Antonio na súa versión orixinal:

Balada d´o pailebote branco

......Escoitábamos o vento
......rindo-se malévolo
debaixo d'o seu disfraz
......E tamén contou o barco
a hestoria d'o piloto
a d'o gavieiro e a d'o rapaz
......Vós xa sabedes todo
......Eso que din as estampas
d'o libro de Simbad
......Pero él contounos o resto
......"Estreaba o horizonte
unha largacía audaz"...
......O barco foi percorrendo
as cicatrices sentimentaes
que lle deixaron vellos navegantes
......E os adeuses que leva n-a vela
......grabados por miradas
tristes definitivas e distantes
......Un día fixo-se ao mar
'ca parola ceifada n-os beizos
......E xa nunca volveu
......Agora eu busco un vello mariñeiro
......ou unha hestoria d'o pailebote branco
......ou calquer outra cousa ...
..................... ...................¿que sei eu!
......Escoitábamos o vento
......rindo-se malévolo
......debaixo d'o seu disfraz
......Pero a hestoria d'o pailebote branco
non-a sabía o piloto
......nin o gavieiro
......nin o rapaz.

Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010